Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMBIO

O viúvo de Benazir Bhutto, Ali Zardari, é o novo presidente de Paquistán

Substituirá ao xeneral Musharraf á fronte dun país ancorado nunha interminábel espiral de violencia.

Redacción - 14:15 06/09/2008
Tags:

Oito meses despois do asasinato da ex primeira ministra Benazir Bhutto, o seu viúvo, Asif Ali Zardari, chega á presidencia de Paquistán. Segundo os primeiros datos, Ali Zardari logrou 281 votos das catro asembleas provinciais fronte aos 111 que obtivo Saeeduzzaman Siddiqui. Ali Zardari, que no seu momento estivo encadeado por presunta corrupción, substitúe no cargo ao xeneral Musharraf que dimitiu o pasado 28 de agosto.

Mais a xornada non foi tranquila. Nas aforas de Peshawar un coche bomba edeixou doce mortos e múltiples feridos.

Poden ampliar esta información aquí:


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: