Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
GEOEYE-1

O satélite que tomará as novas imaxes de Google Maps xa está no espazo

O lanzamento do satélite realizouse dende a base militar de Vandemberg, en California e xa se atopa en órbita e baixo o control de GeoEye.

Redacción - 12:24 08/09/2008
Google actualiza os seus mapas

Google actualiza os seus mapas

O satélite "GeoEye-1" captará imaxes da Terra a unha deistancia de 681 quilómetros e desprazarase a unha distancia de 7 quilómetros por segundo.

Deste xeito, converterase no dispositivo comercial que xere imaxes de maior resolución, creando fotografías de 0.41 metros en branco e negro e de 1.65 metros en cor.

O portavoz de Google, Brian O'Shaughnessy, afirmou que os usuarios de Google Maps e Google Earth poderán ter acceso ás imaxes dentro de tres ou catro meses, despois de que as fotografías se carguen no sistema.

O buscador é único cliente comercial da firma de imaxes e, segundo a lexislación norteamericana, só poderá ofrecer publicamente fotografías de medio metro de resolución.

FWWWRANDO


4.5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: