Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SAÚDE PÚBLICA

Oito detidos e nove restaurantes investigados pola suposta venda de vieira tóxica

Mariscadores, que presuntamente extraían este molusco da ría de Ferrol, e restauradores de diferentes vilas do país prestan declaración.

Redacción - 12:55 08/09/2008

O xulgado de Ferrol está a dirixir a investigación, que comezou hai xa varios meses, e que culminou coa detención de oito persoas. Son mariscadores que presuntamente extraían a vieira na ría de Ferrol e tres restauradores, dos que só transcendeu o nome de Toñi Vicente, e que poderían ser acusados dun delito contra a saúde pública.

Na operación, a Garda Civil rexistrou nove restaurantes de Santiago, Poio e Sanxenxo, ademais de varios domicilios particulares en diferentes localidades, se ben a operación continúa aberta e non se descartan novas detencións. Ao parecer, os mariscadores implicados extraían a vieira da ría de Ferrol e levábana a unha empresa de Santiago, sen ter en conta a lexislación, que prohibe a comercialización en fresco. Esta empresa supostamente distribuía a mercancía por toda Galiza, principalmente no sector da restauración. Neste local incautáronse catro mil quilos deste marisco.

A vieira das nosas rías non se vende viva: é preciso que pase por un proceso de depuración, un control e un tratamento en empresas autorizadas para eliminar o hepatopáncreas, onde acumula a toxina ASP, tamén coñecida como 'toxina amnésica'. De non se seguir este procedemento, o seu consumo pode causar problemas sanitarios nos consumidores, que van dende unha leve gastroenterite ou danos na memoria até intoxicacións máis graves que poderían derivar en problemas neurolóxicos.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: