Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INFORMACIÓN XEOGRÁFICA

Un novo software achegará as axudas de Vivenda á cidadanía

A ferramenta informática estará desenvolvida en software libre, froito dun convenio entre a Consellaría de Vivenda e a Universidade da Coruña

Redacción - 13:50 12/09/2008
Táboas e Barja asinaron o convenio

Táboas e Barja asinaron o convenio

A Consellaría de Vivenda e Solo e a Universidade da Coruña asinaron un convenio para desenvolver un software que pretende facilitarlle á cidadanía acceder a todas as liñas de axuda en materia de vivenda. Iso inclúe a compravenda, o aluguer e a rehabilitación, ademais das actuacións de solo produtivo por parte das empresas.

O programa informático estará baseado nun sistema de información xeográfica e permitirá coñecer en tempo real cantas vivendas hai dispoñíbeis en compravenda e aluguer, ademais de información sobre o lugar onde se atopan e as características do edificio.

A conselleira, Teresa Táboas, e o Reitor da UDC, José María Barja, asinaron un convenio de colaboración para levar a cabo o proxecto de investigación informática, a cargo dun equipo universitario. A ferramenta desenvolverase integramente en software libre, o que permitirá a distribución dos programas ás empresas e administracións. O investimento por parte do Departamento autonómico ascende a 205 mil euros en dúas anualidades.

A aplicación informática permitirá xestionar de forma integral e áxil todos os datos da Consellaría, tanto das liñas de axudas e actuacións en materia de vivenda como das actuacións en materia de creación de solo empresarial ao longo do territorio do país.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: