Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIO RURAL

Máis da metade do kiwi do Estado prodúcese en Galiza

A meirande parte dos cultivos atópanse no sur de Pontevedra, onde a recollida do froito se adianta 10 ou 15 días con respecto a outras zonas produtoras de Europa.

Redacción - 10:15 16/09/2008

Dende que os agricultores neozelandeses descubriran as propiedades deste froito de orixe chinesa até hoxe, o kiwi converteuse nun dos cultivos estrela de Galiza. Unhas 500 hectáreas adícanse no país á súa produción, o que supón o 62,5% do total do Estado español. Estas plantacións atópanse principalmente no sur de Pontevedra, 300 hectáreas no Baixo Miño e 45 en Tomiño, se ben hai tamén outro foco no entorno da comarca ferrolá.

Entre as vantaxes que ofrece o cultivo do kiwi en Galiza fronte a outras zonas produtoras europeas atópanse as derivadas do clima: aquí a recolecta pode adiantarse 10 ou 15 días nunhas óptimas condicións de maduración. Así o subliñou o director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, Antonio Oca, que está a participar no Congreso Internacional do Kiwi que estes días se celebra en Santiago de Compostela, baixo a organización da Asociación Produtora de Kiwi, formada por Italia, Francia, Nova Zelandia, Chile, Corea, Irán, Estados Unidos, Xapón, Portugal e España.

Os obxectivos que se marca esta xuntanza son os de acadar a implantación a nivel internacional das normas de produción que garantan ao consumidor un produto de alta calidade; promover o consumo do Kiwi a nivel internacional, sobre todo naqueles países que teñen capacidade económica para consumilo; colaborar na investigación sobre o kiwi en canto a beneficios para a saúde humana; e informar das superficies de cultivo de cada país, e as previsións de cada ano co fin de analizar o seu rendemento para os produtores.


4.71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: