Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Insatisfacción" coa resposta de Presidencia

O BNG reclámalle á Xunta unha investigación polo 'caso GZ'

Afirman que van seguir pelexando no Parlamento até que o Ministerio do Interior explique a inclusión de simboloxía galega como "elementos sospeitosos" en actos formativos da Garda Civil.

Redacción - 18:45 19/09/2008

O BNG recibiu esta semana resposta escrita á pregunta parlamentaria que remitira á Consellaría de Presidencia sobre diversos "actos formativos" da Garda Civil en que se inclúe simboloxía do noso país, tal como adhesivos coas letras 'GZ', como elementos "sospeitosos" a controlar e perseguir.

Bieito Lobeira, voceiro parlamentario nacionalista, dixo que o grupo "non está satisfeito" coa resposta recibida. Presidencia asegura descoñecer "documentos internos da Garda Civil que criminalizan elementos simbólicos propios de Galicia".

"O goberno galego, como non podería ser doutro xeito, sempre esixirá que a actuación policial sexa considerada como a prestación organizada dun servizo público levado a cabo por profesionais organizados que veñen en todo caso polo mantemento da orde e protección da seguridade, pola garantía do libre exercicio dos dereitos e liberdades, e polo aseguramento do normal funcionamento das institucións", engade a nota.

Lobeira, que afirmou que o BNG vai seguir "pelexando parlamentariamente até que o Ministerio do Interior dea explicacións", exixiulle á Xunta que abra unha investigación sobre este tema "para chegar até o fondo da cuestión". Por outra banda, dixo descoñecer se na actualidade a Garda Civil segue a proceder do mesmo xeito.


4.96/5 (27 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: