Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MITIN MULTITUDINARIO DO PSOE EN VILAGARCÍA

Cinco mil socialistas, pero sen Zapatero

Touriño, Blanco e Antonio Gómez, secretario xeral de UXT-Galicia, protagonizarán o acto.

Redacción - 11:11 20/09/2008

Con esta cita, o PSdeG-PSOE dará por finalizada a campaña '3 anos cambiando Galicia', coa que os socialistas galegos pretenderon ao longo deste mes de setembro "achegar á cidadanía" o seu labor de Goberno na Xunta, así como "constatar" que as melloras en materia de educación, sanidade, infraestruturas, solo industrial ou servizos sociais "xa son unha realidade" en "todos os recunchos" da comunidade, srgundo o PSOE. A secretaria de Organización do partido, Mar Barcón, erixiu en "líder" deste "cambio" ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quen, ao seu xuízo, é a persoa que "mellor" defende os intereses de Galiza.

O mitin, que reunirá a cinco mil persoas, verase finalmente deslocido pola ausencia do presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, anunciada a última hora alegando "problemas de axenda". A este respecto, Ricardo Varela non puido concretou ningunha data para unha próxima visita de Zapatero porque "a súa apertada axenda sempre é complicada", pero non descartou que o presidente do Goberno participe na celebración das festas de San Froilán en Lugo, entre o 4 e o 12 de outubro.

Este venres, a decisión do líder do PSOE foi aproveitada por Núñez Feijoo para criticar a, ao seu xuízo, "falta de compromiso" dos socialistas con Galiza, e atribuíu o feito de que o presidente do goberno español non acoda a Vilagarcía ao non adianto electoral, insinuando o carácter electoralista das visitas de Zapatero a Galiza.

A ausencia de Zapatero será suplida por Xosé Blanco, que acompañará a Touriño nos discursos estrela da festa. Ademais de Touriño e Blanco, tamén intervirán a partir das 12.30 horas na Festa dos Socialistas de Galicia a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, e o secretario xeral de UXT-Galicia, Antonio Gómez.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: