Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
recibe o Premio Cidade de San Sebastián Film Commission

O día grande de 'Pradolongo' en Donostia

Despois da entrega do galardón, o equipo do filme ofrecerá unha festa no Hotel María Cristina.

Redacción - 13:25 23/09/2008

"Para un filme galego, e rodado en galego, estar presentes no Festival de San Sebastián, e ademais recibindo un premio é un acontecemento". Así fala Ignacio Vilar, director de Pradolongo, dende Donostia, onde chegou este luns para presentar e promocionar o filme. "Estamos abrindo camiño para o cinema galego, e todo o que imos facer estes días no festival será un grande apoio para todo o que veña detrás", conclúe.

Este martes o equipo da película recibirá o Premio Cidade de San Sebastián Film Commission, entregado pola organización da sección Made in Spain do festival, que valorou a forma en que o filme reflite "os valores urbanísticos, paisaxísticos, culturais e sociais" da comarca de Valdeorras. O acto de entrega do galardón terá lugar no Cine Príncipe ás sete da tarde, coa presenza do xurado do premio, formado por Alicia Borrachero, Natalia Berbeke, Pascual Ortega e Manuel Hidalgo. Pradolongo impúxose a outros filmes que tamén aspiraban ao premio, como El orfanato, Rec o Los crímenes de Oxford. A seguir comezará no Hotel María Cristina, o auténtico centro do festival, unha festa galega, con produtos galegos e viño de Valdeorras.

O mércorese ao mediodía Vilar manterá un encontro-coloquio no Centro Kursaal con xornalistas e distribuidores. E xa pola noite, nos Cines Antiguo Berri, haberá unha nova presentación da película coa presenza dos actores e do director. Ignacio Vilar, que está acompañado en Donostia polos tres novísimos intérpretes do filme: Rubén Riós, Tamara Canosa e Riberto Porto, amósase confiado nos contactos que Pradolongo está realizando no festival con produtoras e distribuidoras de distintos países. En San Sebastián están acreditados 800 medios de comunicación de todo o planeta, máis de duascentas distribuidoras.


4,69/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: