Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'OS XIRASOLES CEGOS'

A represión franquista en Ourense viaxará aos Oscar

O filme de José Luis Cuerda ten no seu reparto a varios actores galegos, como José Ángel Egido, Miguel de Lira, Xosé Manuel Olveira 'Pico' e Martiño Rivas.

Redacción - 13:10 26/09/2008

'Os xirasoles cegos' impúxose na votación da Academia do Cine a 'Sangue de maio', de José Luis Garci e 'Sete mesas de billar francés', de Gracia Querejeta. O 22 de xaneiro annciaranse as nominacións e a gala de entrega dos Oscar terá lugar o 22 de febreiro. O filme está protagonizado por Maribel Verdú, Javier Cámara e Raúl Arévalo e conta con participación de empresas galegas na súa produción, entre elas a propia TVG.

Cuerda, que partiu da novela homónima de Alberto Méndez, situou a acción no Ourense en 1940, no marco dos sufrimentos xerais da postguerra, especialmente para as familias esquerdistas, que seguiron sufrindo a represión durante varias décadas, e de forma moi dura nos anos corenta. A historia céntrase en Helena, acosada por un diácono que combatiu no exército franquista e que a acosa, créndoa viúva. En realidade, o home da protagonista sobrevive agachado nun oco aberto na parede detrás do armario do seu dormitorio.

O filme rodou os seus exteriores na cidade de Ourense sobre todo no casco histórico da capital, ao redor da praza Maior e a catedral, así coma no mosterio de San Clodio. Ademais, conta no seu reparto con numerosos actores galegos, como José Ángel Egido, Miguel de Lira, Xosé Manuel Olveira 'Pico' e Martiño Rivas.


4.25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: