Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
elixida entre as mellores do mundo

'Santiago de Sangue', unha de vampiros competindo en Sitges

A curtametraxe comeza a súa xira de presentación competindo na sección oficial do Festival Internacional de Cinema de Cataluña.

Redacción - 12:00 04/10/2008

O director galego de culto, Francisco Calvelo, estreará a súa última produción en Sitges. O filme de terror, producido por Perro Verde Films, foi elixido de entre as mellores curtametraxes internacionais de xénero fantástico e será presentada o sábado 11 de outubro na sección oficial de curtametraxes fantásticas do Festival Internacional de Cinema de Catalunya.

A obra rodouse en Compostela e O Burgo en xaneiro de 2008. Santiago de sangue conta a historia de Gabriel (Eloy Azorín), un vampiro preso na cidade santa de Compostela que goza torturando a mulleres inocentes, até que coñece a unha fermosa moza (Sheyla Fariña) da que namora. A galega Mar Sande, encargada tamén do vestiario e a maquillaxe, completa o reparto no papel de Arlene, a irmá do vampiro Gabriel.

A dirección de fotografía, inspirada nos debuxos do xaponés Suehiro Maruo, e no universo visual de directores como David Lynch ou Abel Ferrara, correu a cargo de Ana Aldrey Silva.

A curtametraxe, de 10 minutos de duración, contaba cun orzamento inicial de máis de 30 mil euros e recibiu unha axuda da Consellaría de Cultura.


Ligazóns

4.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: