Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xornada mundial polo traballo digno

CCOO: Unha defensa necesaria "emprego a emprego e dereito a dereito"

O acto central de Comisións Obreiras será unha manifestación en Vigo, ás 20h, á que acudirán canda os representantes de UXT.

Redacción - 09:00 07/10/2008

"O traballo decente non é outra cousa que un emprego no que, amais de garantirse a supervivencia, tamén se respectan os dereitos fundamentais das persoas", explicaba hai poucos días Xan María Castro, secretario xeral de CCOO-Galicia, durante a presentación da mobilización sindical para este martes 7 de outubro.

A reclamación a modo xeral dunhas condicións de traballo dignas para os traballadores e traballadoras de todo o mundo é a fin principal deste acto, apoiado por centos de colectivos en todo o planeta. De modo máis concreto, CCOO Galicia tamén se fai eco dunha reivindicación máis concreta: a derrogación da directiva europea que permite semanas laborais máximas de 65 horas. Xan María Castro cualifica esta decisión do executivo da UE de "profunda regresión" respecto das conquistas sociais historicamente acadadas polos traballadores. Desde o gabinete de saúde laboral do sindicato engaden a advertencia dos riscos laborais que implica a imposición de longas xornadas laborais, relaxando a atención sobre as necesarias medidas preventivas.

O líder de CCOO en Galiza tamén advertiu da "individualización" das condicións de traballo que esta directiva estabelece, atentando contra a negociación colectiva, favorecendo a competencia desleal. "Acabará por xerar dúmping no proceso de construción europea", laiouse Xan María Castro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: