Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
I XORNADA

O estudo estatístico ao servizo da mellora no deporte

Máis de 100 persoas tomaron parte nas xornadas organizadas polo grupo de investigación Inferencia Estatística, Decisión e Investigación Operativa.

Redacción - 13:40 12/10/2008
Acto de presentación da xornada

Acto de presentación da xornada

Un grupo de investigación da Universidade de Vigo organizou o pasado mércores as I Xornadas de Estatística no Deporte, que teñen como obxectivo fundamental estabelecer vínculos de colaboración entre o deporte e a estatística, ou os diferentes sectores das matemáticas académicas.

Durante a xornada ofrecéronse charlas e conferencias, a través das que se explicou aqueles avances que a estatística xa está a ofrecer ao deporte. Estas axudas rexístranse en aspectos como a mellora do rendemento deportivo ou a preparación de plans de traballo específicos para cada persoa.

Tamén participaron expertos nacionais e internacionais, que falaron da necesidade de actuación en novos eidos da práctica deportiva aos que a estatística podería ser útil. O grupo de investigación Inferencia Estatística, Decisión e Investigación Operativa amosouse satisfeito coa acollida que tivo a xornada entre profesionais e membros da comunidade universitaria. Agárdase entón que esta sexa a primeira edición dunha iniciativa que poda repetirse nos vindeiros anos.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: