Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA

EU e BNG critican a presenza da raíña española na conmemoración dos 150 anos de Ferrol como cidade

Os concelleiros das dúas formacións non acudirán ao acto oficial que se vai celebrar este mércores.

Redacción - 17:45 14/10/2008

Os catro concelleiros de Esquerda Unida de Ferrol e os dous do BNG non van acudir este mércores á conmemoración dos 150 anos da concesión do título de cidade a Ferrol. As dúas formacións non entenden a razón pola que se prima a presenza da raíña española nun acto no que se inaugurará unha mostra fotográfica con imaxes da cidade dende 1858. A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, tampouco acudirá ao evento.

Os nacionalistas ferroláns cren que para a Casa Real española o 150 aniversario é “un prato de segunda” xa que a raíña tiña previsto acudir xa este mércores á cidade para acudir a un acto militar. Dende o Bloque lembran que o aniversario foi o 13 de outubro e que agora “é a cidade de Ferrol a que ten que modificar a súa axenda en función da Casa Real”. Para realizar o acto central o día 15.

A voceira de Esquerda Unida e primeira tenente de alcalde, Iolanda Díaz, afirma que non acudirá ao acto xa que pertence a unha formación “republicana” que só acode a actos da Casa Real española cando é estrictamente necesario. Porén, Díaz afirma que esta diverxencia co PSdeG non afecta á “unidade de acción” na política diaria.

O alcalde Vicente Irisarri (PSdeG) non quixo entrar en polémicas e limitouse a afirmar que “esta exposición recolle o sentir da inmensa maioría dos ferroláns”. O PP cre que a ausencia de concelleiros é unha “falta de respecto”.


4.76/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: