Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CAMPAÑA POLA NORMALIZACIÓN

Chámome Uxío Canedo, en castelán sería Eugenio Cañaveral

A Universidade de Vigo pon en marcha unha páxina que corrixe os apelidos e nomes castelanizados.

Redacción - 20:30 15/10/2008

Queres saber cun só clic se o teu nome e os teus apelidos teñen a forma galega? Queres facer unha brincadeira e saber como te chamarías en castelán? Pois isto é o que podes facer se entras na páxina 'Chámate con xeito', a última e ben orixinal iniciativa da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Na web tamén se pode descargar a lexislación e os impresos legais necesarios para galeguizar nomes e apelidos.

Un dos responsábeis da campaña en prol da galeguización da nosa onomástica, o profesor Xosé Henrique Costas, sinala que “cada persoa é dona de como se quere chamar, pero sen coñecemento non hai liberdade”. Costas explica que “non pretendemos dicirlle á xente que se chama mal, se non que do mesmo xeito que ocorreu cos topónimos, moitos apelidos galegos foron acastrapados ou deturpados pola influencia do castelán, e que hai unha forma galega”.

O vicerreitor da Universidade de Vigo, Iván Area, explicou que a instititución pretende “tamén no caso dos nomes e apelidos, chamarlle as cousas polo seu nome, evitando determinados usos como o que ocorre co topónimo Sanxenxo, que en casteáln sería San Ginés, pero nunca o castrapo Sangenjo”.

“Castelanización anárquica”

Ana Isabel Boullón, profesora da Universidade de Santiago, tamén estivo presente na presentación da web. Experta no eido da onomástica, Boullón subliñou que arredor dun 16% dos apelidos sufriron un proceso de “castelanización anárquica”. Porén, no caso dos nomes a castelanización é moito máis evidente: “Primeiro polas imposicións do reino de Castela e da Igrexa e logo durante o franquismo coa lei de rexistro civil que obrigaba a poñerlle aos nenos e nenas nomes casteláns”.


4,77/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: