Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Solicitan unha investigación do acontecido

O BNG implica a XXAA nunha presunta fraude co gasóleo

O sindicato Xóvenes Agricultores rexeita a acusación e anuncia accións legais contra os deputados nacionalistas Bieito Lobeira e Tareixa Paz.

Redacción - 09:00 16/10/2008

O presunto caso de corrupción para o que se solicita a investigación da Axencia Tributaria ten que ver con irregularidades na percepción de cartos en concepto de devolución do imposto sobre hidrocarburos para labregos e gandeiros por parte de persoas alleas á actividade agrícola. A iniciativa parlamentaria, presentada este mércores polos deputados Tareixa Paz e Bieito Lobeira, pregúntalle á Xunta se ten constancia desta situación e advirte da existencia de denuncias que, mesmo por vía xudicial, avisaron do acontecido.

Segundo explican os deputados nacionalistas, a suposta fraude implica a persoas non relacionadas en absoluto coa agricultura ou a gandaría cuxo nome ou NIF aparece en documentos a pé dunha conta bancaria que pertence a outra persoa. Ao parecer, a través destes documentos, solicitábase oficialmente a devolución extraordinaria do imposto que os gandeiros soportan pola adquisición de gasóleo. A continuación, a estas persoas, que "en ningún caso" realizaran a solicitude, asignábanselles vehículos agrícolas e operacións cuantificadas de adquisición de gasóleo coas súas correspondentes facturas. Finalmente, as peticións, "con datos persoais sen consentimento e datos bancarios de persoas distintas das solicitudes, son elaboradas e presentada por Xóvenes Agricultores (XXAA) ante as oficinas da Axencia Tributaria".

"Non se pode permitir o enriquecemento ilícito de ninguén nin de ningunha entidade e moito menos con métodos fundamentados na falsificación documental ou na suplantación de personalidade", recolle a denuncia do Bloque.

"Sorpresa" e ameaza de denuncia en XXAA
Preguntado ao respecto, o secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, falaba de "sorpresa" diante das acusacións do BNG e aseguraba descoñecer os feitos denunciados. Segundo Bello, a actividade do sindicato que lidera limitaríase nestes trámites a "asesorar" o produtor agrogandeiro acerca da documentación necesaria. "É a Axencia Tributaria a que comproba se os datos son certos", explica Bello, "nós non somos notarios".

Ten que haber unha confusión ou malentendido", engadiu Francisco Bello, quen sinala ademais que na zona onde presuntamente se tería xestionado esta fraude, a comarca do Morrazo, o sindicato XXAA conta apenas cunha ducia de militantes. "Non se pode facer unha denuncia no Parlamento sen ter probas, mentres non se demostre o contrario somos inocentes", engadiu.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: