Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SECRETARIO DE ESTADO CON BUSH ENTRE 2001 E 2005

Colin Powell anuncia o seu apoio a Obama

O republicano define ao candidato demócrata como "unha figura transformadora".

Redacción - 19:04 19/10/2008

O ex secretario de Estado de Estados Unidos Colin Powell anunciou este domingo hoxe o seu apoio ao candidato demócrata á Casa Branca, Barack Obama, ao que describiu como unha "figura transformadora" con capacidade para ser un "presidente excepcional". Nunha entrevista concedida ao programa "Meet the Press" da cadea NBC, Powell explicou que ambos candidatos están preparados para ser presidente, pero, subliñou, o senador afroamericano é máis adecuado para gestionar os problemas económicos do país e mellorar a imaxe de EE.UU. no mundo.

Powell expresou a súa decepción polo xiro negativo que ao seu xuízo deu a campaña do candidato republicano, John McCain, con duros ataques contra o senador Obama. Powell tamén criticou a decisión de McCain de elixir á gobernadora de Alaska, Sarah Palin, como candidata á Vicepresidencia, porque non cre que estea preparada para substituír ao senador se fose necesario.

O ex xefe da diplomacia estadounidense afirmou que Obama "acandou o estándar para ser un líder exitoso, un presidente excepcional" pola súa capacidade de "inspirar, polo principio de inclusión da súa campaña e porque se achega a todos os estadounidenses". "Creo que é unha figura transformadora, el representa unha nova xeración que chega ao escenario mundial, ao escenario de Estados Unidos, e por esta razón votarei polo senador Barack Obama", dixo Powell.

Para McCain, o anuncio de Powell non é unha sorpresa, dado que se rumoreaba desde fai tempo que o ex secretario de Estado podería dar o seu respaldo a Obama. Powell foi secretario de Estado co presidente George W.Bush entre 2001 e 2005, e desempeñou varios cargos de mando no Exército de Estados Unidos.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: