Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FALSIFICACIÓN

Queres ser médico? Abonda con aforrar 18 mil euros

Descobren unha rede dedicada a vender títulos universitarios expedidos fraudulentamente no Perú e que logo eran validados no Estado Español.

Redacción - 13:00 21/10/2008

Se os cartos non o mercan todo, pouco lle falta. A policía vén de deter 27 persoas en todo o Estado, unha delas na Coruña, por falisificación de títulos universitarios. A rede ofrecía expedientes académicos falsos que sopostamente emitían universidades do Perú. Algúns dos arrestados exercían xa como médicos, psicólogos, químicos, enxeñeiros e incluso de historiadores. O máis curioso de todos estes casos é que o propio Ministerio de Educación homologaba os títulos universitarios.

Para vestir a bata branca non era preciso aprobar materias. Todo resultaba moi doado dispoñendo de 18 mil euros. Entre os detidos hai propietarios de academias. Un deles incluso exercía como falso médico nunha clínica da súa propiedade mentres que a súa muller rexentaba unha parfarmacia contigua.

O escándalo que podería implicar a centos de “profesionais” revela a facilidade para burlar o sistema de homologación de títulos expedidos no exterior. O mercadeo chega a tal punto que cunha simple busca en google atopamos páxinas que ofrecen un título universitario en cinco días.

As ofertas chegan a niveles esperpénticos. Por exemplo, a páxina titulosuniversitarios.org, inzada de faltas de ortografía, afirma que “esta é a túa oportunidade de conseguir o teu grao de universidade sen a máis mínima necesidade de abrir un libro”.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: