Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Coidando a canteira

A Xunta e o Celta colaboran para achegar o baloncesto feminino ao deporte escolar

O club vigués quere ampliar a oferta e conquistar novos públicos. Tamén ten a ollada posta na terceira idade.

Redacción - 18:48 23/10/2008

A Dirección Xeral para o Deporte colaborará co Celta Indepo para achegar o baloncesto feminino aos participantes nos programas de Deporte Escolar. Esta acción está incluída nun proxecto do club para ampliar a súa expansión, chegando a sectores da sociedade aos que actualmente non chegan (os máis novos ou a terceira idade).

A colaboración entre a Dirección Xeral e o club establécese a través da páxina web www.deporteescolargalego.org, xa que se ofrece a todos os clubs e centros escolares que participen nos dous programas do Deporte Escolar (Deporte na Escola e Competición en Idade Escolar) a posibilidade de solicitar entradas para asistir gratis aos partidos do Celta nas Travesas. Segundo a a delegada provincial da Consellería de Cultura e Deporte, María Xesús López Escudeiro, con esta colaboración "non so se está a gañar público, senón que tamén podemos enganchar a novos e novas deportistas".

López Escudeiro destacou o feito de que este club cumpre na presente tempada (ano 2009) 40 anos de existencia, "o cal non é sinxelo nestes tempos" e subliñou o traballo feito no Celta, onde foron capaces de ter, á vez, un equipo na elite, "nestes momentos con dúas xogadoras olímpicas, cun traballo espectacular na canteira".


2.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: