Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BALONCESTO

Galiza é precursora na formación de adestradores

A Federación Galega de Baloncesto é a primeira do Estado en crear un Club do Adestrador.

Redacción - 18:35 28/10/2008
O presidente da FGB, Francisco Martín, e a directora xeral para o deporte, Marta Souto, durante o acto

O presidente da FGB, Francisco Martín, e a directora xeral para o deporte, Marta Souto, durante o acto

A FGB presentou o pasado luns o Club do adestrador, organismo creado en colaboración coa federación estatal. Trátase da primeira entidade deste carácter que se implanta no baloncesto estatal. Un dos obxectivos fundamentais do Club é fomentar a constante aprendizaxe dos adestradores, aproveitando as melloras tecnolóxicas coas que contan na actualidade. A través do Club do adestrador procúrase crear espazos para o aprendizaxe daqueles que están a formarse neste eido, mais sempre lembrándose dos pioneiros.

Precisamente como recoñecemento aos que levan tempo a traballar no baloncesto galego, Vicente Rodríguez "Cholas" e Moncho López foron nomeados socios de honra do club. Ademais nomeáronse outros sete socios honoríficos.

O Club ten definidas as liñas nas que pretende traballar, con medidas concretas como as seguintes: xornadas, másters, circuítos de formación, a creación dunha páxina web e tamén unha revista dixital, programación de cursos na rede ou o fomento de foros para o debate.


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: