Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DE XABIER MARQUÉS

'Z' é a mellor 'Curta na Rede'

Os premios entregáronse este martes nunha gala que tivo lugar no Teatro Colón da Coruña.

Redacción - 11:25 29/10/2008

No ano 2009, tras unha inspeccción rutinaria nos arquivos de casos inexplicados, o servicio segredo galego:GaliCIA, descobre un vídeo que demostra con total certeza quen dirixe realmente a máis famosa empresa téxtil galega.... Esta é a historia que conta Z, recoñecida este martes como a mellor curta en galego no concurso 'Curtas na Rede'. O seu director, Xabier Marques, recolleu o premio.

O galardón á mellor curta de ficción sobre saúde e sexualidade foi para Vellas, Carlos Prado Pampín, quen tamén se fixo co premio á mellor micromovie por Amén Señora e mellor dirección por Vellas. Vellas conta a historia de dúas mulleres maiores que experimentan unha atracción moi especial a unha pola outra. Ademais as protagonistas desta peza, Amalia Touriño e Aurea García (avoa e veciña do director respectivamente) compartiron o premio á mellor interpretación feminina, e levaron a maior ovación da tarde.

Outras categorías
Na temática de inmigración, o galardón foi para Marisa Otero López por Querida Xulia. Na categoría 'visións nosas/visións alleas' déronse dous premios, un deles para Diego Valiño García por Love over e, o outro para Toño Chouza por Müchausen, quen tamén recibiu o premio do público á mellor micromovie por Contratempo. No apartado documental, o premio para a mellor curta de saúde e sexualidade foi para Julia Vallés por Sexo seguro. A mellor curta documental na categoría 'visións nosas/visións alleas' foi para Pablo Chouza por O camiño da Loureira.

O galardón pola curtametraxe máis orixinal foi para Pablo Penedo Naveira por Federico Lasalle. Así mesmo, o premio do público á mellor curtametraxe foi para Andrés González Tella por Qué lle pasa a Pepe Pistola? Na categoría de animación, o primeiro dos premios foi para Miriam Alberte por Caligarismo, o segundo para Andrés Carrera por 1491 e o terceiro para Raúl García por A xogada perfecta.

Micromovies e cápsulas
Completan o concurso dúas categorías máis, a de micromovies e cápsulas. O galardón mellor cápsula de lingua entregóuselle a Alberto López Vázquez por Negras sombras. Hugo Ricardo Sousa fíxose co premio á mellor cápsula musical por Dreams in colour, así como co premio do público á mellor cápsula. O galardón da mellor cápsula promo foi para Juan Pedro Pérez por 404.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: