Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Situado no parque de San Lázaro da capital

Castelao de suor e aceiro

O alumnado do curso 'Soldador/a de Estruturas Metálicas Lixeiras', do FORGA de Compostela, doa unha escultura do intelectual ao Concello.

Redacción - 18:45 29/10/2008

Os alumnos do curso de Formación Profesional Ocupacional de Soldador/a de Estruturas Metálicas Lixeiras, impartido pola Fundación para Orientación Profesional, Emprego e Formación (FORGA, dependente da CIG) de Compostela, participaron no acto de colocación dunha escultura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao no parque de San Lázaro.

O Concello foi o receptor da peza, elaborada en tres meses polo alumnado como parte práctica do curso, co fin de comprobar a reacción dos metais coa temperatura e o uso da técnica de corte oxiacetilénico (con gas acetileno e osíxeno). A escultura pesa 192 quilos e mide dous metros de alto por un de ancho, e está feita con aceiro ao carbono en chapa de 10 milímetros de grosor. O corte realizouse a temperatura de 1000º.

Entre os asistentes ao acto estaban tamén o profesor que impartiu o curso, Xoán García, o xerente da fundación, Antón Casal, o secretario confederal de Formación da CIG, Fernando Sabio, o secretario xeral do sindicato, Suso Seixo, e a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos.

Segundo traballo nun espazo público

Ademais, Mercedes García Matos, delegada territorial da FORGA en Compostela, explicou que a escultura é a segunda que se coloca nun espazo urbano. O primeiro traballo instalouse na entrada do Polígono Empresarial do Milladoiro, no Concello de Ames (Santiago).

Cienfuegos agradeceu a doazón, e salientou a importancia de que se optase por realizar unha escultura de Castelao, de quen destacou o seu papel como "o galego máis importante do século XX, que soubo elevar a nosa autoestima de sermos galegas e galegos".


4.68/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Foto de grupo dos asistentes ao acto / Foto: CIG (clique para ampliar)
Foto de grupo dos asistentes ao acto / Foto: CIG (clique para ampliar)
A escultura é de aceiro e na súa elaboración empregouse a técnica de corte oxiacetilénico / Foto: CIG
A escultura é de aceiro e na súa elaboración empregouse a técnica de corte oxiacetilénico / Foto: CIG