Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CERTAME DE XUVENTUDE

Projecto ['Trepja] e Noise Project, gañadores do GZCrea 2008

'Os Gru' e Anxo Graña recibiron, de forma compartida, o terceiro premio.

Redacción - 12:57 30/10/2008
Tags: gzcrea

GZCrea premiou á innovación e á vangarda nos seus premios de música, que vén de anunciar. A final tivo lugar nos locais de Nsaio, no Estadio de Fútbol de San Lázaro en Santiago de Compostela. Projecto ['Trepja], que recibiu o primeiro premio, é un colectivo multidisciplinar que mestura electrónica e música tradicional en forma de son, imaxe e danza. En concreto, recibiu o premio polas cancións "A roseira" e "Leghons".



Mentres, o segundo premio foi para o post-rock de Noise Project, de Valga, que presentou as cancións "II" e "A pedra de afiar".



Finalmente, o terceiro premio outorgouse de xeito compartido a Os Gru, cun estilo electroclash, polas cancións "As movies de Antón de Castro" e "Ti me soas". E a Anxo Graña, cunha música caracterizada pola fusión, polas cancións "Bailadela" e "Saxos".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: