Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BRUNO GARCÍA, ADESTRADOR DO ÁZKAR LUGO F.S.

"O éxito do Ázkar é froito do traballo e compromiso dos xogadores"

O equipo lucense ocupa a segunda posición da División de Honra e este sábado loitará polo liderado diante de "Elpozo Murcia Turística".

Pablo García Martínez - 10:15 31/10/2008
O Ázkar visita Murcia á procura do liderado

O Ázkar visita Murcia á procura do liderado

O Ázkar visita este sábado un campo de especialemnte difícil: o pazo dos deportes de Murcia. Alí agárdao o actual líder da División de Honra masculina, o "ElPozo Murcia Turística". Os lucenses chegan como segundos clasificados, con 12 puntos fronte aos 13 do equipo murciano, polo que unha vitoria levaría ao Ázkar até o primeiro lugar da clasificación. Os de Bruno García chegan coas baixas previstas do capitán Alberto Riquer e Cassio, que aínda non se estrou coa camisola azul.

García recoñeceu que este sábado, a partires das 17.00 horas, xogarán no "campo máis difícil do campionato". Destacou que os seus xogadores deben prestar especial atención "aos erros, xa que eles aprovéitanos para facer rápidas transicións; e tamén ás xogadas de balón parado, onde resultan moi perigosos". Para el non hai dúbida de que o partido do sábado será un encontro duro e intenso, no que se enfrontarán "o mellor equipo da liga regular nos últimos anos" fronte a un Ázkar que chega "nunha liña de xogo ascendente, recuperando as sensacións anteriores ao mundial".

Bo momento de xogo

Ao falar do bo momento que atravesa o equipo lucense o seu adestrador defendeu a importancia do "traballo e compromiso dos xogadores". García aposta pola prudencia, considerando que "nunha competición regular hai fases, con diferentes picos de forma, e o importante é manter un bo nivel". O equipo mantén a liña do ano anterior, a pesar de perder a xogadores importantes e virar a súa filosofía cara a canteira, que ten cada vez máis peso no grupo. Ao preguntarlle polo obxectivo do equipo este ano, García dixo que "pensamos en garantir a permanencia, sen renunciar despois a nada".

Importancia de Fernandinho
O adestrador do Ázkar tamén falou do gran momento que atravesa o seu aleiro Fernandinho, que ocupa o primeiro lugar na clasificación de goleadores da súa división. García explicou que "a marcha de importantes individualidades fixo que o colectivo sexa o gran protagonista, e Fernando síntese cómodo nesta situación". Segundo o técnico, o seu papel no equipo é "aportar o toque de creatividade dentro dun colectivo máis homoxéneo e sacrificado".


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: