Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
OLPC

Colombia terá portátiles de baixo custo con Windows

Dúas localidades introducirán o sistema de Microsoft, cando no resto do país xa existen modelos con Linux.

Redacción - 11:45 23/11/2008

O primeiro computador portátil deseñado para o seu uso en países en desenvolvemento, o One Laptop Per Child (OLPC) XO, comezarase a distribuír tamén en Colombia. A versión que chegará ás aulas colombianas será a que inclúa Windows XP, anunciou Microsoft, co que será o segundo país en adoptar este modelo, despois do Perú.

Os pequenos portátiles introduciranse experimentalmente en dúas localidades, Quetame e Chia, coa intención de ir expandindo os programas piloto ao resto do territorio. Microsoft e OLPC doarán os computadores e traballarán cos mestres para que saiban usalos nas escolas. Aínda non se coñece a data exacta do lanzamento nin a cantidade de XO que se repartirán.

Para conseguir introducir que o Windows puidese funcionar no OLPC, Microsoft e a fundación tiveron que traballar conxuntamente modificando tanto o sistema operativo como o hardware. Nun principio, os portátiles de baixo custo foran deseñados para usar Linux, un sistema que non custa nada e que en principio podía funcionar con máis eficiencia. Porén, Microsoft conseguiu introducirse nun mercado potencial de até 5 mil millóns de persoas que non teñen computador no mundo en desenvolvemento.

En calquera caso, OLPC ofrece a posibilidade de obter portátiles con calquera dos dous sistemas operativos. O mes pasado anunciouse que varias cidades de Colombia mercarían os XO con Linux. En total, distribuiríanse 20 mil en Bogotá e 90 mil en Cartagena. Outros mil chegarán a rexións controladas polas FARC.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: