Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÁBRESE O PRAZO

Premios 'Chapapote' e 'Carballo' á mala e boa xestión ambiental

O Consello da Xuventude de Galiza convoca a primeira edición deste certame facéndoo coincidir co sexto aniversario do naufraxio do Prestige.

Redacción - 19:00 12/11/2008

Darlle a palabra á mocidade e fomentar a súa participación en relación co medio ambiente. Este é o obxectivo que se marca o Consello da Xuventude de Galiza (CXG), quen convoca a I Edición do Premio Chapapote e o Premio Carballo. "Queremos que os mozos e mozas se impliquen, que sexan partícipes dos problemas ou éxitos das accións ambientais e das súas repercusións, sexan positivas ou negativas, e tamén das solucións", reza a guía de participación no certame.

Co Premio Chapapote preténdese salientar aquel feito que tivo un impacto negativo no medio ou nas poboacións animais ou vexetais. Con este galardón, preténdese indagar no que a mocidade ve como negativo: os lumes do monte, as verteduras nos ríos e lagoas, a construción incontrolada... O outro recoñecemento, o Premio Carballo quere recoñecer unha boa acción ambiental, ben sexa de empresas, ONG's, colectivos ou persoas.

Os interesados en participar na votación poden facelo de xeito individual ou colectivo e deberán enviar a súa proposta ao enderezo electrónico do CXG, nun prazo que comezou o primeiro de novembro e que remata o 15 de xaneiro próximo. O 15 de febreiro daranse a coñecer os gañadores e cinco días despois entregaranse os galardóns.


Ligazóns

4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: