Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Novo líder de Die Grünen (Os Verdes)

O Obama alemán é turco

Cem Özdemir convértese na primeira persoa de orixe estranxeira que preside un partido político en Alemaña con representación no Bundestag.

Redacción - 12:30 17/11/2008

Bündnis 90/Die Grünen (Alianza 90/Os Verdes), o partido ecoloxista alemán que de 1998 a 2005 formou parte do goberno en coalición cos socialdemócratas, ten un novo presidente. Cem Özdemir, de 42 anos e pais turcos, converteuse esta fin de semana na primeira persoa de orixe estranxeira que preside unha forza política con representación parlamentaria en Alemaña.

Özdemir recibiu o 79,2% dos votos dos delegados do congreso que organizou o partido na cidade de Erfurt. Algúns no país centroeuropeo xa o comparan co presidente electo de EUA, Barack Obama, que coma el tamén destaca pola súa telexenia. Porén, os seus críticos acúsano de superficial de máis.

No seu discurso desta fin de semana diante dos compromisarios, o xa presidente de Die Grünen afirmou que o partido é unha opción real para un cambio no executivo en 2009: "Agardo que poidamos participar no goberno, porque sei que o sabemos facer mellor ca os outros". A familia de Özdemir vive dende hai máis de 40 anos en Alemaña.


4,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: