Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
CAMIÑOS DO AIRE

Ningunha liña aérea de Angola poderá sobrevoar Europa por motivos de seguridade

Bruxelas mantén tamén as prohibicións a todas as compañías de Guinea Ecuatorial, Indonesia, Liberia, Serra Leoa ou a República Democrática do Congo.

Redacción - 14:30 17/11/2008

A Comisión Europea presentou a novena revisión da listaxe que elabora coas compañías de transporte aéreo que teñen prohibido o acceso á Unión Europea por motivos de seguridade. Unha das novidades desta actualización é a incorporación de todas as liñas angolanas (anteriormente só figuraba a TAAG- Liñas Aéreas de Angola) e da cambioana Siem Reap Airways.

Segundo o executivo comunitario, a decisión de ampliar o veto a todas as empresas aéreas daquel país africano deriva da "existencia de problemas graves de seguridade recollidos polo informe da Organización de Aviación Civil Internacional (OACI) en outubro de 2008. Os problemas detectados por este organismo "seguen sen solución e afectan a todos os transportistas aéreos", segundo a Comisión Europea. Con todo, Bruxelas xa adiantou que manterá contactos con autoridades angolanas para comprobar a aplicación correcta das medidas correctivas.

Outros países afectados
Esta listaxe negra mantén a prohibición de voo na Unión Europea para todas as compañías de Guinea Ecuatorial, Indonesia, Kirguizistán, Liberia, Serra Leoa, Suazilandia e a República Democrática do Congo, así como para Gabón (agás Gabón Airlines e Afrijet). Asemade están vetadas a norcoreana Air Koryo, a sudanesa Air West, Ariana Afghan Airlines de Afganistán, Silverback Cargo de Ruanda e as ucraínas Ukraine Mediterranean Airlines, Ukraine Cargo Airways e Volare Aviation.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: