Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PREMIO LICEO CASINO DE VILAGARCÍA

Peque Varela faise co decano dos certames audiovisuais do país

O segundo premio foi compartido por Telmo Esnal ('Taxi') e Luis Segura ('Nena!'). Xurxo González ('Os señores do vento'), mellor curta en galego.

Redacción - 18:15 17/11/2008

Peque Varela segue recollendo premios co seu 1977. Despois de facerse con premios en Cans, no Filminho, ou no Mívico, agora recolle o máximo galardón no certame audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa.

O segundo premio nesa categoría foi compartido entre Telmo Esnal pola curtametraxe Taxi e Luis Segura, por Nena!.
No primeiro participaron actores como Luis Tosar, Arturo Valls ou Marta Etura e no reparto da segunda das obras premiadas destaca a presenza de Ramón Novell e Gerogina Avellaneda. O director Santiago 'Bou' Grasso recibiu o primeiro premio como mellor curta de animación por El empleo.

O 'Premio Galicia' á mellor curta rodada en galego foi para Xurxo González, por Os señores do vento. A curtametraxe, de dez minutos, estreouse o pasado 16 de maio no Centro Cultural da Guarda nun evento organizado pola Morraceira-Asociación Cultural e o Concello da Guarda titulado "Curta(s) en galego?". O autor, o crítico de cinema Xurxo González, que por segunda vez se coloca detrás da cámara, afirma que con esta curta quería "facer un recoñecemento público da actividade creativa máis espectacular que se fixo alí en moito tempo", consciente "de que o paso do tempo acabará con todo".

Na categoría de novos realizadores obtivo o premio Iván Seoane pola súa curtametraxe O hospital. Tamén foron galardonados Andrés Victorero, por Automóbil, e Jorge Morais, por O pintor de ceos. Estes directores recibiron os premios 'Liceo Casino' e o 'Especial do Xurado', respectivamente.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mira aquí 'Os señores do vento', gañadora do premio ao mellor traballo en galego

Un fotograma de '1977', de Peque Varela
Un fotograma de '1977', de Peque Varela