Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Proxectaranse en París deica xullo

'Cahiers du Cinéma' recolle nun libro os 100 mellores filmes da historia

Na selección participaron 76 directores, críticos e executivos da industria francesa. A prensa inglesa critica a ausencia de filmes británicos.

Fernando Arrizado - 17:30 21/11/2008
Brigitte Bardot, en 'Le Mépris', de Godard

Brigitte Bardot, en 'Le Mépris', de Godard

100 films pour une cinémathèque idéale (100 filmes para unha cinemateca ideal) recolle as que, para os 76 directores, críticos e executivos da industria francesa consultados pola histórica publicación especializada Cahiers du Cinéma son as mellores producións da historia. A lista completa proxéctase en París dende esta quinta feira deica xullo.

"Hainas alemás, italianas, españolas, rusas, suecas, indias e xaponesas mais nin unha soa película feita na Gran Bretaña", queixábase este venres o xornal inglés The Independent. O certo é que aínda que hai varios filmes de Alfred Hitchcock e Charlie Chaplin, estes son dos que os dous mestres londinienses produciron en Hollywood, de onde saíron a maioría dos presentes na lista.

11 películas das 20 primeiras son estadounidenses. O primeiro posto ocúpao Citizen Kane, de Orson Welles (1941), que tamén está considerada a mellor película de todos os tempos na lista de The American Film Institute (AFI).

Ademais, no top-20 hai catro francesas, mentres que na lista da asociación de EUA non hai ningunha. No entanto, cómpre salientar que do cento seleccionado pola AFI só dúas son estranxeiras: Lawrence of Arabia e Bridge on the River Kwai, ambas as dúas do realizador inglés David Lean.

Consultado pola prensa, o editor de Cahiers du Cinema, Jean-Michel Frodon, sinalou que a ausencia de filmes británicos era "chamativa" mais no deliberada. Neste senso, salientou que "tampouco hai películas do Brasil, por exemplo." Nin de Galiza, poderiamos engadir nós.

Top-20 de Les Cahiers du Cinema:

1. Citizen Kane (1941), Orson Welles
2= The Night of the Hunter (1955), Charles Laughton
2= La Règle du jeu (1939), Jean Renoir
4. Sunrise: A Song of Two Humans (1927), Friedrich Wilhelm Murnau
5. L'Atalante (1934), Jean Vigo
6. M (1931), Fritz Lang
7. Singin' in the Rain (1952), Gene Kelly e Stanley Donen
8. Vertigo (1958), Alfred Hitchcock
9= Les Enfants du Paradis (1945), Marcel Carné
9= The Searchers (1956), John Ford
9= Greed (1924), Erich von Stroheim
12= Rio Bravo (1959), Howard Hawkes
12= To Be or Not to Be (1942), Ernst Lubitsch
14. Tokyo monogatari (1953), Yasujiro Ozu
15. Le Mépris (1963), Jean-Luc Godard
16= Ugetsu monogatari (1953), Kenji Mizoguchi
16= City Lights (1931), Charlie Chaplin
16= The General (1927), Buster Keaton
16= Nosferatu, eine Symphonie des Grauens (1922), Friedrich Wilhelm Murnau
16= Jalsaghar (1958), Satyajit Ray


4.25/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: