Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS TRANSPORTE PÚBLICO

Un milleiro de persoas pide a retirada do Plan Vigo Íntegra

O acto estivo encabezado por un autobús de madeira.

Redacción - 19:09 30/11/2008

Un milleiro de persoas manifestáronse este mediodía polas rúas de Vigo para esixir a "retirada inmediata" do Plan Vigo Íntegra, ao que acusaron de pretender "asfaltar máis de sete millóns de metros cadrados" da paisaxe galega. Segundo recollía o manifesto que leu o portavoz dos colectivos, Xosé Reigosa, ao final da concentración, o Plan Vigo Íntegra "terminaría para sempre coa vida no rural galego" ao "romper a súa conexión coa terra, expropiar casas, montes e terras en nome dun progreso que non é tal".

A manifestación, secundada por numerosos colectivos entre os que se atopaba o colectivo A Ría Non se Vende, partiu ás 12.00 horas da Gran Vía para, baixo o lema 'O asfalto non é progreso' terminar na Porta do Sol da cidade olívica. O acto estivo encabezado por un autobús de madeira en reivindicación do transporte público, que consideran "esquecido" polo Vigo Íntegra. "É un plan baseado nun modelo obsoleto de transporte que estimula a utilización do vehículo privado, xerando aínda máis contaminación e incrementando o consumo de petróleo", sinalaron desde a organización.

Os convocantes acusaron ao Vigo Íntegra de querer "converter as comarcas galegas nunha gran máquina económica" e de "destruír o territorio, a paisaxe, a natureza e a biodiversidade" da zona, polo que esixiron a súa retirada.


Ligazóns

5/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: