Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INNOVACIÓN

'Pradolongo' convértese no primeiro filme galego en saír en Blu-ray

O novo formato de alta definición inclúe subtítulos en seis idiomas e varios contidos extra.

Redacción - 09:00 02/12/2008

Pradolongo, o filme dirixido por Ignacio Villar, será o primeiro rodado na nosa lingua que saia ao mercado en formato Blu-ray. A produción de Vía Láctea Filmes, comezará a venderse nas tendas do país o 9 de decembro, e no Estado Español a partir de xaneiro. Ademais do lanzamento en soporte de alta definición, tamén se venderá no xa tradicional DVD e a banda sonora sairá en CD.

O Blu-ray, ademais de ofrecer imaxe e son de máis calidade, inclúe servizos adicionais. Neste caso, ademais do son orixinal en galego, o disco inclúe subtítulos en éuscaro, catalán, castelán, francés, inglés e portugués. De extras, ofrece o vídeo clip do tema central da banda sonora, Quen puidera namorala, interpretado por Luís Emilio Batallán, ademais do spot televisivo, o tráiler cinematográfico, a ficha técnica e artística e unha galería fotográfica.

Pradolongo estreouse nas salas en marzo de 2008. Rodado na comarca de Valdeorras, o filme está protagonizado por Rubén Ríos, Tamara Canosa, Roberto Porto e Gonzalo Chao. Entre os galardóns acadados está o Premio Cidade de San Sebastían Film Commision, o premio especial do Festival de Cine Internacional de Ourense e o premio Jerry Goldsmith á mellor banda sonora e ao mellor compositor novel.


4.2/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: