Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
seleccións nacionais de fútbol

Pódense reservar as entradas para os partidos das seleccións irmandiñas

O anuncio fíxose na presentación do Galiza-Chile, realizada este luns no estadio de Riazor, onde o combinado masculino xogará o vindeiro 27 de decembro.

Redacción - 18:30 01/12/2008
Os irmandiños, no encontro do pasado Nadal, en Vigo, fronte a Camerún

Os irmandiños, no encontro do pasado Nadal, en Vigo, fronte a Camerún

Dende este luns pódense reservar as entradas de grupo para o vindeiro partido das seleccións galegas feminina e masculina. As reservas poderán realizarse até as 14:00 horas do vindeiro día 12 de decembro, a través da páxina web O fútbol galego une. A venda online do resto das entradas realizarase entre os días 6 e 22 de decembro, na páxina de Caixa Nova.

A Federación Galega de Fútbol tamén contribuíu á difusión dos encontros das seleccións nacionais, agasallándolles aos clubs rexistrados neste organismo dúas entradas de adulto ou adulta e 10 de rapaza ou rapaz. As entidades interesados nesta oferta terán que poñerse en contacto coa Federación antes do día 15 de decembro.

O sistema de reserva das entradas anunciouse este luns no acto de presentación do encontro de Galiza e Chile, que tivo lugar no propio estadio de Riazor, onde as dúas seleccións masculinas han xogar o vindeiro día 27 de decembro -as irmandiñas xogarán o día 28 no estadio de Pasarón, en Pontevedra, fronte a Euskadi. Tamén se aproveitou esta ocasión para presentar o espazo televisivo que se difundirá para anunciar os partidos.

No acto estiveron presentes a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo; a directora xeral para o Deporte, Marta Souto; o concelleiro de Deportes da Coruña, Xan Caxigal; o vicepresidente do Deportivo, Pachi Dopico; o presidente da Federación Galega de Fútbol, Carlos Meana; e os representantes dos principais patrocinadores.


4,55/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O vídeo de promoción do Galiza-Chile

En Riazor, na presentación do Galiza-Chile
En Riazor, na presentación do Galiza-Chile
O ambiente das bancadas en Riazor e Pasarón podería semellarse ao de Vigo, o ano pasado (na imaxe)
O ambiente das bancadas en Riazor e Pasarón podería semellarse ao de Vigo, o ano pasado (na imaxe)
Tamén se poderán reservar entradas para o partido das irmandiñas contra Euskadi (xogan o domingo 28 en Pasarón)
Tamén se poderán reservar entradas para o partido das irmandiñas contra Euskadi (xogan o domingo 28 en Pasarón)