Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN NOVA GALES DO SUR

Parlamentarios australianos terán que pasar controis de alcoholemia para poder votar

A decisión, apoiada polos principais grupos políticos, débese aos últimos escándalos nos que se viron envoltos membros do parlamento.

Redacción - 14:00 08/12/2008
Situación do Estado de Nova Gales do Sur

Situación do Estado de Nova Gales do Sur

Os políticos do estado máis poboado de Australia, Nova Gales do Sur, teranse que someter a unha proba de alcoholemia antes de votar leis. A decisión tomouse despois dunha serie de embarazosos incidentes nocturnos que salpicaron o goberno de centro-dereita.

Segundo informa a axencia Reuters, o parlamentario Andrew Fraser tivo que dimitir do seu papel de líder da oposición conservadore despois de empurrar unha compañeira tras as festas de celebración do Nadal. Outro caso foi o do ministro de política estatal, Matt Brown, que foi expulsado do seu cargo en setembro despois de, supostamente, bailar provocativamente en roupa interior sobre o peito dunha colega nunha festa, que chegou ás portadas dos principais xornais.

O líder da oposición conservadora Barry O'Farrel dixo que apoiaría os controis de alcoholemia para os lexisladores antes da súa entrada no parlamento, mentres que os Verdes John Kaye e Lee Rhiannon tamén lle deron o visto e prace, ademais do voceiro do Parlamento: "Honestamente, se se lles fan probas aos condutores de guindastres, tamén se lles deben facer aos que escriben leis", dixo Kaye.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: