Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuntanza do BNG con representantes da UE

Bruxelas abriría a man con Navantia se o goberno español movese peza

Responsábeis da Dirección Xeral de Competencia da Unión Europea recoñecen a "xustiza" das demandas da iniciativa lexislativa popular para recuperar Astano.

Redacción - 09:00 05/12/2008

"Pensamos que o esforzo non debería ser só por parte do BNG, senón que o goberno español debería asumir a responsabilidade de vir aquí e manter un calendario de reunións coa Comisión Europea". Así o afirmaba este xoves o deputado do BNG Fernando Blanco Parga, ao respecto da paralización do proxecto para que o estaleiro de Navantia-Fene poida volver á construción naval civil.

Convidados polo Bloque, representantes do sector naval e membros da iniciativa lexislativa popular de Fene para recuperar Astano estiveron este xoves en Bruxelas, onde mantiveron unha xuntanza con Mehdi Ohcine, xefe de unidade adxunto para as Axudas de Estado para a Reestructuración Industrial da Dirección Xeral de Competencia da UE.

Segundo explicou á saída da reunión o deputado nacionalista Blanco Parga, Ohcine entendeu que as demandas galegas "eran xustas". Recordou Parga que a situación sae dun acordo que se negociou co goberno do Estado no que a UE argumenta que IZAR recibiu en torno a 1.000 millóns de euros de "axudas ilegais". Ao fío, o BNG insiste en que se cuantifiquen con exactitude esas axudas, considerando que con probabibilidade "foron a outros estaleiros e non a Astano".

En todo caso, segundo subliñan desde o Bloque, da interlocución co responsábel europeo, queda claro que malia o tema ser "complicado", podería resolverse "se o Estado Español o solicita". O primeiro paso: reabrir o expediente. Advirten os nacionalistas que da xuntanza con Mehdi Ohcine queda claramente "unha porta aberta" polo que instan o goebrno español a "volver falar do tema e non dalo por morto".


4,55/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: