Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CAMPAÑA IRÁ AGORA POLAS COMARCAS DO PAÍS

Galiza Nova sae á rúa para pedir a autodeterminación

A organización xuvenil do BNG despregou este venres unha enorme bandeira da patria nun acto que serviu para criticar os 30 anos da constitución.

Redacción - 19:15 05/12/2008
Bandeira despregada na praza da Quintana

Bandeira despregada na praza da Quintana

A organización xuvenil nacionalista Galiza Nova inaugurou este venres a campaña "Galiza nación, autodeterminación!", aproveitando que o día 6 se cumpren 30 anos do referendo que serviría para aprobar a constitución española. No acto despregouse unha bandeira da patria de 80 metros cadrados nas escadas da praza da Quintana e formouse un mosaico coa palabra Autodeterminación. Segundo as palabras da secretaria xeral, Iria Aboi, este acto serve para evidenciar que os galegos e as galegas non teñen moito que celebrar o día 6 porque seguen sen poder decidir o seu propio futuro.

Esta é a idea central sobre a que xiraron o resto das declaracións de Aboi, que describiu algunhas situacións concretas de desprotección de Galiza fronte ao estado español, recollidas na constitución. A secretaria xeral da organización vencellada ao BNG denunciou o diferente tratamento das linguas que conviven no estado, establecido polo texto constitucional ao impoñer para o castelán o deber de coñecelo e o dereito a utilizalo, reservando a euskera, galego e catalán só o dereito a utilizalas.

Aboi tamén defendeu que "non podemos celebrar unha constitución que lle atribúe ás forzas armadas a misión de defender a integridade territorial de España". Con este acto iniciase unha campaña que irá nos vindeiros días polas diferentes comarcas do país. Esta campaña procura, segundo a secretaria xeral, concienciar á mocidade para que se sume á loita por "unha Galiza soberana, xusta e un mundo máis igualitario entre todos os pobos".


3,79/5 (24 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: