Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
"Asfixia económica"

Pecha o único diario en irlandés

Malia en ocasións ser considerada unha publicación pro Sin Feinn, traballadores do medio acusan este partido de boicot.

Redacción - 12:00 18/12/2008

"Dada a fortaleza da recuperación da lingua irlandesa, non teño dúbidas de que o soño dun diario na nosa lingua rexurdirá no futuro baixo outros promotores". Así llo explicaba Mairtin O Muilleoir, editor do diario La Nua (en galego 'Novo Día'), ao xornal Belfast Telegraph.

A fin do La Nua deixará na rúa oito traballadores, pechando unha historia de dúas décadas de información en gaélico. O peche non colle de novo, xa que hai tempo que se fixeran públicas as dificultades económicas da publicación. O principal financiador era o Foras na Gaeilge, o organismo público de defensa da lingua irlandesa e responsábel da súa promoción. De feito, O Muilleoir sinala que existía un proxecto específico para tratar de manter o xornal exclusivamente en internet, pero laiouse de que o Foras na Gaeilge se opuxese a esa opción de salvar o diario.

Desde o medio cualifican de "contraproducente" e "insensata" a actitude da institución no actual contexto de recuperación da lingua, recordando que a propia publicación foi material habitual de aprendizaxe do gaélico. Desde o organismo dependente do goberno irlandés sinalan que as vendas, entre 3.500 e 4.000 exemplares, non eran abondo.

A pé de redacción, xorden queixas pola actitude do Sin Feinn neste proceso, insinuando que por tras do peche da publicación estaría o malestar desta formación política coas críticas que desde La Nua lle adicaron ao partido, especialmente no tocante á presunta febleza na defensa da lingua.


4/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: