Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémico proxecto lexislativo

Temor polos buratos nos dereitos civís que abrirá a lei antiterrorista india

Aproveitando o estado de ánimo a pé de rúa despois dos ataques en Mumbai, o goberno proxecta un conxunto de polémicas iniciativas.

Redacción - 14:15 18/12/2008

A posibilidade de manter retidos a sospeitosos no cárcere por períodos de até seis meses e sen acusación firme e a creación dun corpo policial con poderes especiais presentado como unha axencia inspirada no FBI estadounidense, son as principais novidades impulsadas polo goberno indio.

Paradoxalmente, trátase dun conxunto de medidas similares á lexislación antiterrorista que xa se trataran de impulsar hai catro anos, sendo rexeitados pola maioría parlamentaria. Daquela, a preocupación polos furados que eses proxectos deixaban en materia de dereitos civís foi un dos argumentos manexados. Os posíbeis abusos derivados dun exceso de poderes sen control para as forzas policiais aparecen outra vez no escenario.

Na prensa local: The Times of India e Hindustan Times.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: