Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O FILME SUMA 15 CANDIDATURAS

Martiño Rivas e José Ángel Egido, nominados aos Goya por 'Os Xirasoles Cegos'

'Donkey Xote', 'O Lince perdido' e 'O Espírito do bosque' optan a mellor filme de animación e 'O ataque dos kriters asasinos' a curtas animadas

Redacción - 13:00 19/12/2008

Este é o ano de Os Xirasoles Cegos. Candidata española aos Oscars, e gran favorita para facerse cos galardóns máis importantes dos Premios Goya. Acumula 15 candidaturas, e da súa man dous actores galegos podrían gañar senllos premios: José Ángel Egido está nominado como mellor intérprete de reparto, e Martiño Rivas como mellor actor revelación. Egido obtivo o Goya ao mellor actor revelación en 2003 por Os luns ao sol. Pola súa banda, Martiño Rivas, fillo do escritor Manuel Rivas, podería completar un ano de éxito no que consolidou unha enorme popularidade polo seu papel na serie televisiva El Internado.

Os Xirasoles Cegos
está protagonizada por Maribel Verdú, Javier Cámara e Raúl Arévalo e conta con participación de empresas galegas na súa produción, entre elas a propia TVG. O filme rodou os seus exteriores na cidade de Ourense sobre todo no casco histórico da capital, ao redor da praza Maior e a catedral, así coma no mosterio de San Clodio. Ademais, conta no seu reparto con numerosos actores galegos, como os xa mencionadoa Egido e Rivas, ademais de Miguel de Lira e Xosé Manuel Olveira 'Pico'. Cuerda, que partiu da novela homónima de Alberto Méndez, situou a acción no Ourense en 1940, no marco dos sufrimentos xerais da postguerra, especialmente para as familias esquerdistas, que seguiron sufrindo a represión durante varias décadas, e de forma moi dura nos anos corenta. A historia céntrase en Helena, acosada por un diácono que combatiu no exército franquista e que a acosa, créndoa viúva. En realidade, o home da protagonista sobrevive agachado nun oco aberto na parede detrás do armario do seu dormitorio.

Dominio da animación galega
Ademais, Galiza confirma un ano máis o seu dominio no apartado de cinema animado, con tres dos catro candidatos a gañar o premio ao mellor filme (Donkey Xote, El lince perdido e O espírito do bosque), e unha opción máis na categoría de mellor curtametraxe de animación: O ataque dos kriters asasinos. Esta curtametraxe pode verse en Flocos.tv.

Listado completo de nominados
Mellor película: Sólo quiero caminar, Camino, Los crímenes de Oxford, Los girasoles ciegos
Mellor película extranxeira de fala hispana: Acné, La buena vida, Lake Tahoe, Perro come perro
Mellor película europea: 4 meses, 3 semanas, 2 días; Ao outro lado, O neno co pixama de raias, O cabaleiro escuro
Mellor película de animación: Donkey Xote, O lince perdido, O espírito do bosque, RH+ El vampiro de Sevilla
Mellor dirección: Javier Fesser, Alex de la Iglesia, José Luis Cuerda, Agustín Díaz Yanes
Mellor director novel: Belén Macñias, Santiago A. Zannou, Nacho Vigalondo, Irene Cardona
Mellor interpretación feminina protagonista: Carme Elías, Verónica Echegui, Maribel Verdú, Ariadna Gil
Mellor interpretación masculina protagonista: Benicio de Toro, Javier Cámara, Raúl Arevalo, Diego Luna
Mellor intrepretación feminina de reparto: Elivra Mínguez, Rosana Pastor, Tina Saínz, Penélope Cruz
Mellor intrepretación masculina de reparto: Jordi Dauder, Fernando Tejero, José Ángel Egido, Jose María Yazpik
Mellor actriz revelación: Nerea Camacho; Ana Wagener, F. Hamed, Esperanza Pedreño
Mellor actor revelación: Álvaro Cervantes, J. M. Montilla 'Langui', Martín Rivas, Luis Bermejo
Mellor guión orixinal: Camino, Cenizas del cielo, Retorno a Hansala, Sólo quiero caminar
Mellor guión adaptado: Che, el argentino, Los crímenes de Oxford, Los girsaoles ciegos, Una palabra tuya
Mellor música orixinal: Che, el argentino, El juego del ahorcado, Los crímenes de Oxford, Los girsaoles ciegos
Mellor canción orixinal: El patio de mi cárcel, El truco del manco, Retorno a Hansala, Una palabra tuya
Mellor dirección de produción: Che, el argentino, Los crímenes de Oxford, Los girasoles ciegos, Sólo quiero caminar
Mellor fotografía: La conjura de El Escorial, Los girasoles ciegos, Sangre de mayo, Sólo quiero caminar
Mellor dirección artística: Che, el argentino, La conjura de El Escorial, Los girsaoles ciegos, Sangre de mayo
Mellor deseño de vestuario: El Greco, La conjura de El Escorial, Los girsaoles ciegos, Sangre de mayo
Mellor maquillaxe e perruquería: La conjura de El Escorial, Los girsaoles ciegos, Mortadelo y Filemón 2, Sangre de mayo
Mellor montaxe: Los crímenes de Oxford, Los girsaoles ciegos, Mortadelo y Filemón 2, Sólo quiero caminar
Mellor son: 3 días, Los girasoles ciegos, Sangre de mayo, Sólo quiero caminar
Mellores efectos especiais: Camino, Mortadelo y Filemón 2, Sangre de mayo, Sólo quiero caminar
Mellor documental: Bucarest, la memoria perdida, El pollo, el pez y el cangrejo real; El último truco. Emilio Ruiz del Río, Old Man Bebo
Mellor curtometraxe de ficción: El encargado, Final, Machu-Picchu, Miente, Porque hay cosas que nunca se olvidan
Mellor curtometraxe de animación: O ataque dos kriters asasinos, Espagueti western, La increíble historia del hombre sin sombra, Malacara y el misterio del bastón de roble, Rascal's Street
Mellor curtometraxe documental: Harraga, Héroes. No hacen falta alas para volar, La clase, Soy Meera Malik


4,11/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Martiño Rivas
Martiño Rivas
O redondelán José Ángel Egido
O redondelán José Ángel Egido
Imaxes da rodaxe en Ourense
Imaxes da rodaxe en Ourense