Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Bótalle unha peza

"Ano novo con ben veñas"

Se a xolda do san Silvestre deixa fol e gorxa, chega tempo de aninovos ou xaneiras e cantos de reis.

Redacción - 13:45 31/12/2008

Os "Aninovos" ou "Xaneiras" cántanse no primeiro de ano e agochan supersticións e conxuros, por estar vencellados ás festas do solsticio. Velaí por exemplo aquel canto que di:

Ano novo con ben veñas
Como o sol entre as estrelas
Os cabritos coas cabras
E os años coas ovellas.


Vencellados aos Aninovos están os que lles din "Manoeles", polo aquel de cantalos o primeiro día de ano, día de San Manuel.
Manoel que estás durmido
Na cama tan destapado
Levántate daí Manoel
Que vas coller un catarro.


E xa logo chega o tempo dos Cantos de Reis, as cantigas da festividade dos Reis Magos. Este que lles reproducimos tenlles aire de meigallo:
Cantámosche os reises
Orellas de cabra;
Cantámosche os reises,
Canela de cabra,
Touciño de cocho,
Orella queimada.
Cantámosche os reises
Non nos deches nada.


Aquí unhas pezas a maiores para escoitardes:
Canto de Reises, de Na Lúa:



Con un sombreiro de palla, de Fuxan os Ventos:



Panxoliñas como 'No portaliño de pedra', de Ana Kiro, ou 'Mariñeiro', de Encarnación Lamelas no Especial Nadal 96 de Vieiros.



Nota de fontes usades:
- Los Villancicos Gallegos. Carlos Villanueva. Fundación "Pedro Barrié de la Maza" (1994).
- El hondo contenido de la panxoliña. Julio Andrade Malde. Conferencia organizada pola Cámara de Comercio da Coruña, o 26 de decembro de 1973.
- Dous vilancicos mindonieses. María Xosé Anca Casa. Congreso de Jóvenes Filólogos, A Coruña, 1996.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: