Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EUA: Cambio na Casa Branca

A investidura de Obama custará máis de 120 millóns de euros

Xornais como 'The Washington Post' duplicarán esta terza e cuarta feiras a súa tirada, e triplicarán o prezo de cada exemplar.

Redacción - 11:15 20/01/2009

O programa das festividades con motivo da investidura de Barack Obama como 44º presidente de Estados Unidos, este martes ao mediodía (tardiña, en Galiza) custará máis de 160 millóns de dólares (arredor de 123 millóns de euros), segundo informan medios conservadores do país norteamericano.

Estes mesmos medios estiman que o orzamento para a investidura de George W Bush, en 2004, foi de 57 millóns de dólares (uns 40 millóns de euros). No entanto, está última cifra foi posta en cuestión por analistas como Eric Boehlert, de Media Matters, que a sitúa en 157 millóns, tres menos que a de Obama.

Os que si están seguros de facer caixa co evento son os principais xornais estadounidenses. The Washington Post editará máis do dobre de exemplares có habitual esta terza e cuarta feiras, ademais de publicar unha edición especial. O prezo tamén se incrementará, dos 75 centavos de dólar aos dous dólares, case a tripla.

Outros xornais, incluído o The New York Times e USA Today, ofrecerán contidos informativos especiais, alentados pola demanda que se produciu logo da xornada electoral do 4 de novembro. Millóns de persoas chegadas de todo o mundo viaxan estes días á capital estadounidense.

Respecto ao acto, o presidente electo adiantou que xurará o seu cargo pronunciado o seu nome completo, Barack Husein Obama, coa súa man dereita en alto e a esquerda pousada sobre a mesma Biblia que utilizou Abraham Lincoln en 1861.

Será entón cando pronuncie o seu discurso de investidura, quizais o máis importante de toda a súa carreira política, do que pouco se coñece salvo que o escribiu un mozo de 27 anos de nome Jon Favreau.


2,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: