Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CICLISMO

O Xacobeo ponse guapo para a foto

Este xoves celebrouse o acto público no que o equipo profesional galego presentou as novidades que introduce para o ano 2009. Galería: O Xacobeo, un a un

Redacción - 11:45 23/01/2009
Imaxe do acto

Imaxe do acto

Despois dunha dura concentración de 10 días na que os corredores tiveron os primeiros adestramentos a alto ritmo, o Xacobeo vestiuse de estreo para recibir aos curiosos que se achegaron a ver como loce o equipo galego neste 2009. O acto de presentación desenvolveuse no CGAC, no medio dun acto que contou coa presencia, entre outros persoeiros, da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; e da directora xeral para o Deporte, Marta Souto.

A formación dirixida por Álvaro Pino ten no 2009 un cadro composto por 19 corredores, 12 deles nacidos no país. As novidades deste ano son Marcos García, Pedro Fernández, Héctor Espasandín, e Iván Raña. Igual que nos dous anos anteriores, o equipo volve estar liderado por Ezequiel Mosquera e ten como obxectivo principal rematar entre os tres primeiros na Vuelta. Mais este ano o director do equipo, Álvaro Pino, quere ser ambicioso e conta con poder levar as cores de Galiza até o Giro de Italia.

Agora que xa coñecemos o equipo só falta velo en funcionamento, e isto será posíbel o vindeiro 7 de febreiro durante a volta a Mallorca.


4,25/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: