Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRIMEIRA XORNADA DO CONGRESO

'Lugares de Cultura' ábrese cunha reflexión sobre o seu papel no desenvolvemento

Na xornada do venres, que pecha o encontro, falarase sobre o traballo en rede e as cidades 'culturalmente sustentábeis'.

Redacción - 13:00 23/01/2009

O I Congreso Internacional ‘Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento' abriuse cunha brillante conferencia inaugural impartida por Yudhishthir Raj Isar, profesor de Estudos de Política Cultural da Universidade Americana de París e presidente de Culture Action Europe. No relatorio, Cultura y desarrollo 25 años después, Raj Isar desenvolveu o binomio que representan a Cultura e o Desenvolvemento. O profesor preguntouse sobre o significado deste binomio: "Cultura no desenvolvemento, cultura para o desenvolvemento, desenvolvemento para a cultura, ou ningunha destas cousas, senón algo bastante máis complexo e intanxible?".

A combinación de 'cultura' e 'desenvolvemento' foi aplicada por vez primeira pola UNESCO hai xa máis de catro décadas. Dende aquela, o seu uso estendeuse amplamente a moitos outros eidos discursivos: En 1970 o concepto dominante era o de 'desenvolvemento cultural'; unha década despois, na Conferencia Mundial sobre Políticas Culturais celebrada en Cidade de México en 1982, a frase de moda era 'a dimensión cultural do desenvolvemento'; cando en 1998 tivo lugar en Estocolmo a Conferencia Intergobernamental sobre Políticas Culturais para o Desenvolvemento, a énfase mudara cara á 'cultura e o desenvolvemento'.

"Cal é a situación actual? Conseguiron os tropos 'diversidade cultural' e 'economía creativa' marxinar 'a cultura e o desenvolvemento'? Cal é o status actual do paradigma? Ata que punto segue a resultar funcional? Cal é a mellor maneira de adaptalo ás necesidades actuais e futuras das sociedades de todo o mundo?", cuestionouse Raj Isar.

Programa para este venres
Na sesión de mañá, o programa iniciarase coa sesión titulada ‘NET, redes de cooperación'. Nela estarán presentes catro experiencias: Maison Folie Moulins de Lille (Laurent Tricart, director de comunicación para o Departamento de Cultura da Cidade de Lille); Red Transversal de Cataluña (Pep Fargas, xerente da Red Transversal); Rede de Centros Culturais de Europa e Iberoamérica de Bos Aires (María Victoria Alcaraz, d Directora xeral CGC San Martín); Industria Editorial Galega (Víctor Freixanes).

A seguir, será o momentod da sesión ‘ORG, organización do traballo'. Nela estarán presentes catro experiencias: Cidade de Nancy, SESC (Serviço Social do Comércio) de Sao Paulo, Cidade de Torino, Cidades de Sur Asia: posibilidades e dificultades.

Xa pola tarde, exporáse un novo relatorio a cargo de George Yúdice, profesor do Centro de Estudos Latinoamericanos da Universidade de Miami, quen falará sobre "desenvolvemento urbán culturalmente sustentábel". Por último, terá lugar unha mesa redonda na que participarán Eduard Miralles, asesor de Relacións Culturais da Deputación de Barcelona; Fátima Anllo, directora do Departamento de Xestión Cultural do Instituto Complutense de Ciencias Musicais, Xavier Greffe, profesor de Ciencias Económicas da Universidade da Sorbona; Roberto Gómez de la Iglesia; experto en economía e cultura. Conselleiro delegado de Grupo Xabide da Vitoria-Gasteiz; Margarita Ledo Andión, catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela; e Chiu Longina, antropólogo e coordinador do proxecto Escoitar.org.


Ligazóns

2.36/5 (14 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: