Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Vieiros Irlanda

Morre o último irlandés membro das Brigadas Internacionais

Bob Doyle (Dublín, 1916 – Londres, 2009) uniuse á 'Connolly Column' en 1937 para apoiar o bando republicano durante a Guerra Civil.

María Golpe - 11:00 28/01/2009
Bob Doyle

Bob Doyle

Bob Doyle, o último irlandés membro das Brigadas Internacionais que quedaba con vida, morreu hai uns días en Londres aos 92 anos de idade.

Doyle, nacido en Dublín en 1916, uniuse á Connolly Column das Brigadas Internacionais para apoiar o bando republicano na Guerra Civil en 1937.

"Cría que existía o perigo de que Irlanda se volvese fascista e ese foi un dos motivos que me fixeron decidirme e marchar a España", declaraba para unha entrevista publicada en The Irish Times en 2006.

As súas experiencias na Guerra Civil foron recollidas no libro publicado no 2006 Brigadista: a loita dun irlandés contra o fascismo (Brigadista - an Irishman’s fight against fascism, publicado por Currach Press).

Estímase que 200 irlandeses loitaron para o bando republicano na Guerra Civil.


4.55/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: