Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
COMPETIRÁ COA ELITE MUNDIAL

O Xacobeo participará no Giro do centenario

O equipo dirixido por Álvaro Pino figura na lista de 20 equipos publicada este mércores na páxina web da volta italiana.

Redacción - 18:15 28/01/2009
Ezequiel Mosquera loitará no mes de maio por vestir a camisola rosa

Ezequiel Mosquera loitará no mes de maio por vestir a camisola rosa

Despois de participar en 2007 e 2008 na Vuelta, o Xacobeo Galicia correrá neste 2009 a súa segunda gran volta: o Giro d´Italia. Este mércores confirmouse a posibilidade de que a dirección do equipo galego de ciclismo profesional viña falando con optimismo nas últimas semanas. Na volta italiana estarán os principais equipos do pelotón, como o Astana de Armstrong e Contador; o Cervelo de Carlos Sastre; o Caisse d´Epargne, de Pereiro e Valverde; o Lampre de Damiano Cunego; ou o Xacobeo de Ezequiel Mosquera.

Vieiros falou con Álvaro Pino, que dixo estar "moi ledo e tranquilo, malia que xa contábamos con estar alí". Pino explicou que, salvo enfermidade, ten definido un grupo de cinco corredores que van participar no Giro, e son: Ezequiel Mosquera, David García, Eduard Vorganov, Carlos Castaño e Iban Mayoz. Segundo o director do Xacobeo os outros catro serán elixidos en función do estado de forma que amosen durante as próximas carreiras. Ao falar do obxectivo co que chegan ao Giro, Pino dixo que pretenden "loitar pola xeral con Ezequiel Mosquera, que é o líder natural do equipo" e buscar algunha etapa con escapadas nas que poidan participar os outros ciclistas.

A carreira comeza en Venecia o día 9 de maio e remata o día 31 en Roma. Terá 21 etapas, tres delas cronometradas, sete en terreo chan, catro de montaña e sete de alta montaña, con seis chegadas en alto. A confirmación desta nova permitirá a Álvaro Pino pechar de xeito definitivo o calendario do equipo, que xa estará en Italia do 13 ao 15 de febreiro para participar no Giro di Grosseto.


4.75/5 (16 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: