Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
BIOMETANO

Excrementos humanos impulsarán os buses de Oslo

O concello aproveitará o gas producido nas depuradoras para evitar o uso de combustíbeis fósiles no transporte público.

Redacción - 11:30 05/02/2009

O concello de Oslo estivo a buscar alternativas para evitar o uso de combustíbeis fósiles no transporte público e, finalmente, decidiu usar biometano. O gas é moi barato, non require perforar o subsolo e toda a cidadanía pode contribuír á súa produción, porque procederá dos residuos fecais.

O biometano é un dos produtos resultantes do proceso químico que efectúan as bacterias sobre os vertidos, e pódese usar nos autobuses facendo pequenas modificacións nos seus motores. Até agora, a metade do gas producido nas depuradoras da capital norueguesa queimábase. A partir de setembro, ese gas almacenarase e transformarase en biometano para impulsar 200 buses públicos.

O concello de Oslo calcula que o transporte público e privado contribúe en máis do 50% ás emisións de CO2 da cidade, e aumentou nun 10% dende o ano 2000. O obxectivo do goberno noruegués é que as emisións de dióxido de carbono do estado sexan neutras no ano 2050, co que o proxecto do goberno da capital é un paso máis para acadalo.

Se a experiencia de Oslo ten éxito, outros gobernos poderían tomar nota e aplicar medidas semellantes.


4.4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: