Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Open Vieiros

Forza, latexo, verdade: o idioma

A suxestión dos lectores, na fin de semana na que se convocou unha inédita manifestación contra o galego, achegamos receita de poesía e apócema musical.

Redacción - 12:00 07/02/2009
Tags:

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.
 
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.
 
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
 
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
 
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
 
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
 
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
 
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.

se queremos vencer!

(A fala - Manuel María)



"Recomendación para os que queren manifestarse contra a lingua do país. Escoitade música, lede poesía", expón o internauta 'Falador'. Convidámolos a deixaren as súas achegas no Open Vieiros.


Ligazóns

4,75/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: