Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Esta cuarta feira en Ourense

Deteñen outro mozo ao que relacionan coas protestas á manifestación contra o galego

Foi identificado en Compostela. Permanece incomunicado na comisaría de Ourense, e prevese que pase esta quinta feira a disposición xudicial.

Redacción - 18:00 11/02/2009
Unha das detencións que se produciron o domingo en Compostela

Unha das detencións que se produciron o domingo en Compostela

Segundo informan dende Ceivar, esta cuarta feira foi detida unha outra persoa relacionada cos actos de protesta á manifestación que percorreu as rúas de Compostela o domingo, contra a normalización lingüística do galego.

Trátase de Roberto Conde, un mozo ourensán que foi identificado o domingo pola policía española na Alameda compostelá, e que, ao iniciarse unha carga, segundo contan, non puido recuperar a súa documentación.

Ao parecer, Conde está incomunicado na comisaría ourensá, e prevese que pase entre a tarde da cuarta ou a mañá da quinta feira a disposición xudicial, momento no que se coñecerán os cargos que se lle imputan. Esta detención súmase ás 10 que se produciron o mesmo domingo 8 en Compostela, porén, estas persoas están xa en liberdade con cargos.


4.38/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: