Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
E como sería o teu cartel?

Se os estrategas de campaña non lle meten rocanrol: Failles ti un lema!

Andamos á procura do humor e a orixinalidade entroideira que as formacións políticas non son quen de ofrecer. Participa no noso concurso de lemas políticos.

Redacción - 13:00 13/02/2009

Velaquí os requirimentos:
1.Debes estar rexistrado como usuario de Vieiros

2.Pensa que estamos en días de entroido: buscamos ocorrencias, agudezas, humor, brincadeiras e rexoubas.

Espreme a cabeciña e agasállanos coa túa proposta de lema político. Deixámolo ao teu parecer. Podes participar cantas veces queiras durante o tempo da campaña electoral.

3.Un xurado digno deste entroideiro tempo no que andamos elixirá o lema ou escolma de lemas premiados. O criterio de elección, tan subxectivo como o xuri teña a ben cavilar, estaría guiado en todo caso, a suxestión de Vieiros, pola beizón da orixinalidade e o humor sen cancelas.

4.O gañador recibirá un caderno dixital ao xeito do que vedes na imaxe. No caso de que estea esgotado, buscaremos un con características o máis parecidas posíbeis.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: