Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
MITIN EN PONTEAREAS

O BNG, de Espartaco a MacGyver

Quintana insistiu en pedir un debate "a tres" ou un "cara a cara con Feijoo"

Redacción - 14:35 21/02/2009

O candidato do BNG á Presidencia da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, comparouse en Ponteareas co personaxe da serie de televisión MacGyver para erixirse a el e ao BNG no motor que con "moito traballo" pero "pequenos instrumentos" moveu o bipartito. E contrapúxoo co candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que segundo o nacionalista quere "destruír" os avances alcanzados."Durante estes tres anos e medio moitas veces como vicepresidente sentinme MacGyver porque en Galiza temos un autogobierno débil, con capacidade de financiamento pequeno e con instrumentos pequenos", ilustrou o cabeza de cartel e sentenciou: "con case nada nas mans cambiamos a historia e deixamos a MacGyver á altura dun peón de quinta, ¡aquí fixemos 'quasi' milagres!".

Quintana dirixiuse tamén aos medios de comunicación que cubriron o mitin de Ponteareas para pedirlles que convoquen un debate entre os líderes das principais forzas políticas ou un "cara a cara" con Feijóo. "Pídolles aos medios que convoquen os candidatos, a calquera deles, que poñan día e hora", instou o cabeza de cartel do Bloque, que insistiu en non poñer condicións nin de tempos, nin de día. "E quen non vaia, que o explique". Quintana manifestou unha vez máis a súa disposición a debater sen requisitos previos, posto que -dixo- non ten "nada que ocultar". "En calquera medio e para que o señor Feijóo non teña desculpa, que sexa a tres ou a dúas, como queira el", enfatizou.

"Espero que alguén colla a testemuña, que alguén o faga como un contributo á democracia e á liberdade", afirmou. "As cadeiras están aí e o que queira ir, vai, e o que, non non vai e que o explique", sinalou o político nacionalista ollando cara a uns asentos para ilustrar as súas palabras.


4,11/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: