Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
ENQUISAS EN EUSKADI

Lixeira vantaxe do bloque PSE-PP fronte a PNV e os seus aliados

As enquisas dan entre 36 e 40 escanos aos dous partidos, fronte aos 34-38 da suma de PNV, EA, EB e Aralar. UPyD podería entrar no Parlamento vasco.

Redacción - 14:00 22/02/2009

Se en Galiza as enquisas aclaran ben pouca cousa a só unha semana das eleccións, en Euskadi moito menos. As cinco sondaxes publicadas este domingo coinciden en afirmar (igual que tamén o facían a do CIS e a do Goberno Vasco) que PSE e PP poderían sumar os 38 escanos que tamén no Parlamento Vasco garanten a maioría absoluta. Os abanos de todas as sondaxes sitúan esta hipotética maioría no fío da navalla, claramente por riba: 38-39 (ABC), 39-40 (El País), 37-40 (El Correo) ou de xeito algo máis axustado: 36-38 (La Vanguardia), 34-39 (El Mundo). Nestes dous últimos casos pode que a Patxi López lle comprise o apoio do partido de Rosa Díez, que segundo todas as enquisas podería entrar no parlamento de Gasteiz, mesmo con dous escanos, segundo El Mundo, ou con máis dúbidas (0-1) no caso de El País.

Porén, tampouco o bloque formado polos partidos do tripartito (PNV, EA e EB) máis Aralar andaría lonxe dos 38. Dende os prognósticos máis pesimistas: 35 (El País), 35-37 (ABC), 35-36 (El Mundo), 34-37 (El Correo) até o máis favorable de La Vnaguardia, que lle dá 37 ou 38. Haberá que agardar, pois, até o 1 de marzo, sobre todo polos apoios da esquerda abertzale, que sen listas legais, pediu o voto nulo. As enquisas publicadas hoxe non recollen esta opción, que na sondaxe do goberno vasco representaba o dez por cento do total.

ABC (DYM)
PNV 30
PSE 25-26
PP 13
EA 0-1
EB 3
Aralar 2-3
UPyD 1

El País (Metroscopia)
PNV 27
PSE 26
PP 13-14
EA 3
EB 3
Aralar 2
UPyD 0-1

La Vanguardia (Noxa)
PNV 30-31
PSE 26-27
PP 10-11
EA 2
EB 3
Aralar 2
UPyD 1

El Mundo (Sigma 2)
PNV 27-29
PSE 22-25
PP 12-14
EA 3
EB 3
Aralar 2
UPyD 2

El Correo (Ikerfel)
PNV 27-29
PSE 26-28
PP 11-12
EA 2-4
EB 2-3
Aralar 3
UPyD 1


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: